Coidar o Rural | Arqueoloxía, memoria e coidados en San Vicente de Trigás
Coidarq Coidados, materialidades e espazos
0:00 / 0:00
Coidar o Rural | Arqueoloxía, memoria e coidados en San Vicente de Trigás
184 просмотра · 7 дн. назад
Coidarq Coidados, materialidades e espazos
9 подписчиков
184 просмотра · 7 дн. назад
Este documental nace no marco do proxecto de investigación Axencia feminina, coidados e memoria no rural galego: unha aproximación transhistórica desde O Combarro (Mondoñedo), desenvolvido desde a Universidade de Santiago de Compostela (USC-CISPAC).
A través da arqueoloxía, da memoria oral e das experiencias das persoas vinculadas a San Vicente de Trigás, o documental propón unha reflexión sobre a vida cotiá, os traballos de mantemento, os coidados e o papel das comunidades rurais na construción e transformación da paisaxe ao longo do tempo.
O proxecto busca establecer un diálogo entre o pasado e o presente, recuperando experiencias, coñecementos e memorias que permiten comprender o rural como un espazo vivo, construído e sostido colectivamente.
DIRECCIÓN E GUIÓN
Héctor Martín Calvo e Celtia Rodríguez González
PRODUCIÓN
Nexus Durii, Arqueoloxía e Patrimonio
PROXECTO DE INVESTIGACIÓN
Universidade de Santiago de Compostela – CISPAC
FINANCIAMENTO E COLABORACIÓNS
IV Programa Xan de Forcados – CISPAC
Vicepresidencia de Cultura da Deputación de Lugo
Convenio USC–Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (I+D+i 2025–2026)
O noso agradecemento a todas as persoas que compartiron as súas experiencias, memorias e coñecementos, contribuíndo á recuperación e valorización do patrimonio de San Vicente de Trigás.
Un agradecemento especial a Germán Chao Falcón e a Miguel Chao Míguez polo seu compromiso coa memoria e co patrimonio desta comunidade.
#CoidarORural #Arqueoloxía #MemoriaOral #SanVicenteDeTrigás #Mondoñedo #PatrimonioCultural #CISPAC #USC