Перейти к содержимому

Pleno Ordinario do 26 de marzo de 2026 2/2

Concello de Lousame

0:00 / 0:00

Pleno Ordinario do 26 de marzo de 2026 2/2

40 просмотров · 5 мес. назад
Concello de Lousame
61 подписчик
40 просмотров · 5 мес. назад
Sesión plenaria ordinaria de marzo de 2026 na que aprobou a supresión do prezo público e a derogación da ordenanza reguladora pola prestación dos servizos extraescolares para conciliación da vida laboral e familiar en Lousame. Unha medida que suporá a gratuidade do “Lousame Concilia”, un servizo de atención e coidado de menores no horario anterior ao inicio da xornada lectiva (en horario de 7:30 a 9:00 horas) e tamén durante os meses de xullo e agosto en horario matinal (de 9:00 a 14:00 horas). Así mesmo, o Pleno aprobou unha moción conxunta para instar á Xunta de Galicia a cubrir o servizo de matrona a tempo completo no centro de saúde de Lousame. Unha moción presentada inicialmente polo grupo socialista e que foi emendada polo Grupo de Goberno antes de ser aprobada polos tres grupos políticos municipais.