#Referentes10: María Reimóndez e Óliver Laxe
DACCultura
0:00 / 0:00
#Referentes10: María Reimóndez e Óliver Laxe
9 901 просмотр · 3 года назад
DACCultura
624 подписчика
9 901 просмотр · 3 года назад
A escritora, tradutora e activista María Reimóndez, e o cineasta e tamén activista Óliver Laxe, protagonizan o décimo episodio de Referentes, a serie de conversas entre persoas da cultura galega promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña.
O activismo de dous xeitos diferentes, dunha banda desde a volta ao rural e doutra desde a cooperación ao desenvolvmento, centran boa parte da conversa entre os protagonistas do novo episodio. Os referentes familiares e a identidade cultural, a emigración, o individualismo e a colectividade, son outros dos temas que van aparecendo ao longo do encontro.
Así, María Reimóndez e Óliver Laxe contrastan as súas respectivas visións sobre a sociedade actual e o seu papel activo para mudar comportamentos, visións coincidentes en moitos aspectos, mais non en todos.
Ambos contestan, ademais, á pregunta que os ‘referentes’ do anterior episodio –Pepe Solla e Manuel Gago-, lles deixaron formuladas e amosan cadanseu obxecto que consideran especial e a relación que ten coa súa vida e coa súa obra.