Gallo rojo, gallo negro Los dos gallos (Chicho Sánchez Ferlosio)
Agrela Elvixeo
0:00 / 0:00
Gallo rojo, gallo negro Los dos gallos (Chicho Sánchez Ferlosio)
418 просмотров · 4 месяца назад
Agrela Elvixeo
126 подписчиков
418 просмотров · 4 месяца назад
Cancioneiro da Historia contemporánea de España (2º Bacharelato). Franquismo. Canción protesta contra o franquismo. Gallo rojo, gallo negro. Los dos gallos.
José Antonio Julio Onésimo Sánchez Ferlosio, máis coñecido como Chicho Sánchez Ferlosio (1940-1932), foi un cantautor español, autor dun gran número de temas que, moitas veces, non gravou el mesmo aínda que si outros intérpretes, como Rolando Alarcón, Joan Baez, Soledad Bravo, Víctor Jara, Quilapayún ou Joaquín Sabina. Algunhas destas cancións pasaron a formar parte da tradición popular, como Gallo rojo, gallo negro (que estamos a escoitar), La hierba de los caminos, La Quinta Brigada ou A la huelga.
Era fillo do escritor e membro fundador de Falange Española Rafael Sánchez Mazas, irmán do escritor Rafael Sánchez Ferlosio e mais do matemático e filósofo Miguel Sánchez-Mazas Ferlosio, ademais de tío do xornalista Máximo Pradera.
Sendo fillo dun fundador da falanxe foi unha das voces máis críticas contra a ditadura no franquismo e coa súas cancións o denunciou.
Cando compuxo a canción en 1963, que sería publicada clandestina e anonimamente en Suecia, Chicho Sánchez Ferlosio era un estudante de 23 anos que cursaba varias carreiras na universidade de Complutense de Madrid. Fillo de Sánchez Mazas, exemplo paradigmático dun intelectual do réxime franquista, e irmán de dous declarados antifranquistas: o escritor Rafael Sánchez Ferlosio e o médico e filósofo Miguel Sánchez Mazas. Naqueles anos, Chicho —que en realidade fora bautizado como José Antonio Julio Onésimo, unha clara declaración dos principios políticos do seu pai— foi un membro firme da célula universitaria do Partido Comunista de España, ao que se afiliara en 1961. A liña política do partido naquel momento aínda é evidente nas primeiras obras do cantautor como neste tema recollido no álbum "Canciones de la resistencia española".
Aínda que a obra desafortunadamente breve de Chicho Sánchez Ferlosio inclúe cancións sobre unha variedade de temas, dende o amor adúltero ata a existencia de Deus, a súa obra pode ser facilmente clasificada como o que poderiamos chamar arte política, sen que esta etiqueta diminúa en absoluto o seu excelente talento poético e musical, que era moito menos rudimentario do que parecía. Unha conexión directa entre as súas cancións e as ideoloxías políticas que abrazou é particularmente evidente nos dous extremos da súa vida: a súa xuventude comunista e a súa madurez anarquista. "Gallo rojo, gallo negro" pertence ao primeiro, e se leva algún selo ideolóxico identificativo, como o resto desas gravacións suecas, é o do comunismo. Isto pódese verificar simplemente escoitándoas e situándoas no contexto da súa composición e gravación.
Letra de Gallo rojo, gallo negro:
Cuando canta el gallo negro
es que ya se acaba el día.
Si cantara el gallo rojo
otro gallo cantaría.
Ay, si es que yo miento,
que el cantar que yo canto
lo borre el viento.
Ay, qué desencanto
si me borrara el viento
lo que yo canto.
Se encontraron en la arena
los dos gallos frente a frente.
El gallo negro era grande
pero el rojo era valiente.
Ay, si es que yo miento,
que el cantar que yo canto
lo borre el viento.
Ay, qué desencanto
si me borrara el viento
lo que yo canto.
Se miraron cara a cara
y atacó el negro primero.
El gallo rojo es valiente
pero el negro es traicionero.
Ay, si es que yo miento,
que el cantar que yo canto
lo borre el viento.
Ay, qué desencanto
si me borrara el viento
lo que yo canto.
Gallo negro, gallo negro,
gallo negro, te lo advierto:
no se rinde un gallo rojo
mas que cuando está ya muerto.
Ay, si es que yo miento,
que el cantar que yo canto
lo borre el viento.
Ay, qué desencanto
si me borrara el viento
lo que yo canto.