Перейти к содержимому

A Luz Resucitada.

Manuel Lemos

0:00 / 0:00

A Luz Resucitada.

56 просмотров · 13 дней назад
Manuel Lemos
22 подписчика
56 просмотров · 13 дней назад
Manuel María é un poeta da súa terra e, máis alá, un home que se entrega en corpo e alma á natureza interpelando á paisaxe con todas as súas dúbidas, angustias e esperanzas. Como así ocorre noutras artes, estas vivencias, transfórmanse nunha forma íntima e persoal de experiencia e nunha vocación de comunicala a través da imaxe e a palabra. A súa voz poética é unhas veces descritiva e imaxinativa, outras sinxela e sentida, e a nosa inevitable vinculación coa paisaxe e a natureza, ha de facernos sentir cómplices e próximos. Pois, como el mesmo afirmaba, “A paisaxe e os seus elementos gardan o que nos fai sentir pobo”. A Luz Resucitada é un proxecto que busca conxuntar as linguaxes poética, musical e cinematográfica para achegar ao gran público a experiencia dun home fronte á beleza, misterio e transcendencia da súa terra e a súa paisaxe. Un proxecto onde o espectador poida reencontrarse ca natureza e a palabra do poeta chairego, aspectos tan nosos como tan universais. Equipo técnico y artístico: Imaxes: Manuel Lemos Textos: Pilar Pallarés Narracción: Eva Veiga e Santiago Fernández. Música: Rogelio Groba Groba Dirección músical: Rogelio Groba Otero Cámaras e fotografía: Alvaro Díaz Guión e dirección: Manuel Lemos Produción: Alvaro Díaz Colaboran: Deputación da Coruña Fundación Manuel María de Estudos Galegos ©2026