A BANDA DA LOBA - Pepa (Videoclip oficial)
A banda da Loba
0:00 / 0:00
A BANDA DA LOBA - Pepa (Videoclip oficial)
49 625 просмотров · 4 года назад
A banda da Loba
3,12 тыс. подписчиков
49 625 просмотров · 4 года назад
A banda da Loba toma o seu nome de Pepa a Loba, a bandoleira do século XIX que, superando todos os obstáculos que a vida lle ía poñendo por diante, acabou por converterse na líder dunha banda de homes que, fóra da lei, asaltaba á xente rica para axudar ás familias máis desfavorecidas.
Hai anos fixemos da súa historia canción e esta converteuse nun himno para a nosa banda. Regravala pasado o tempo tirando do aprendido e facer este videoclip eran, sen dúbida, causas pendentes. Porque se de algo estamos orgullosas é de espallar a súa historia por todas as cidades e vilas nas que actuamos. Porque todo o mundo coñece a Robin Hood, pero, por que será que a nosa Pepa non é tan coñecida?
Superación, empoderamento e valentía para celebrar o 8M deste 2022.
FICHA TÉCNICA:
Letra e música: A banda da Loba
Gravación de son e mastering: Arturo Vaquero (Estudios Abrigueiro)
Videoclip:
Produción: Seispés Producións Creativas
Cámara e edición: WeAreCinema
Elenco:
Pepa: Cristina Andrade
Pepa de nena: Elisa López Santamaría
Albeite: Iván Tourís Fresco
Tía Dorinda: Tamara Sánchez Ribadas
Tío de Pepa: Iago Martínez Anta
Bandoleir@s do s.XXI: Adrián, Alejandra, Ana, Bea, Cris, Daisy, Diego, Eloy, Fátima, Geli, Juan, Laura, Laura Moraima, Lola, Luís, Marcelo, Miguel, Mike, Miriam, Patty, Paz, Porto, Raquel, Rosa, Sarai, Sita, Uxía, Xacobe, Yaiza e Ziggy
SÍGUENOS EN RRSS:
Instagram: / abandadaloba
Facebook: / abandadaloba
WEB: https://www.abandadaloba.gal
CONTRATACIÓN: info@seispes.com