Перейти к содержимому

ENTREVISTA ELOY ENCISO: "TODO ES CÁRCEL"

A ferida aberta no 36

0:00 / 0:00

ENTREVISTA ELOY ENCISO: "TODO ES CÁRCEL"

13 просмотров · 8 дней назад
A ferida aberta no 36
86 подписчиков
13 просмотров · 8 дней назад
No outono, probablemente, chegará aos cines galegos 'Todo es cárcel', o último traballo do director de Meira, Eloy Enciso. Unha ficción documental que nos introduce na realidade dos campos de concentración franquistas, que indaga nas cicatrices da represión e intenta rachar co silencio que acompañou durante décadas as vítimas e as súas familias e que foi premiada este verán no FID de Marsella. "Naquela época toda España era un cárcere", cóntanos, e "moitos deses espazos de represión foron reconvertidos en colexios, conventos ou hoteis de luxo". Eloy Enciso comezou a tirar do fío tras coñecer o lugar onde estaba instalado o campo de concentración de Cedeira. Na película, a paisaxe, as cartas e os obxectos cobran vida e convértense en elementos fundamentais dun relato que nos permite reconstruir a xeografía cotiá da represión franquista. Con el falamos no capítulo 38 de 'A ferida aberta no 35'. #Represión #GuerraCivil #franquismo #CamposDeConcentración #todoescarcel Ver menos