FEGAMP INFORMA nº 49: A Xunta presenta á FEGAMP a súa proposta de financiamento local para o 2027
Federación Galega de Municipios e Provincias
0:00 / 0:00
FEGAMP INFORMA nº 49: A Xunta presenta á FEGAMP a súa proposta de financiamento local para o 2027
9 просмотров · 7 дн. назад
Federación Galega de Municipios e Provincias
76 подписчиков
9 просмотров · 7 дн. назад
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2026.- Celebrouse a Subcomisión Permanente do Réxime Económico e Financeiro da Comisión Galega de Cooperación Local, composta polas Consellerías de Presidencia e de Facenda da Xunta de Galicia e pola Federación Galega de Municipìos e Provincias (FEGAMP). Como cada ano, esta Subcomisión abordou a proposta de dotacións do Fondo de Cooperación Local no Anteproxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2027 e os seus criterios de reparto. Esta ano, ademais, tratouse tamén a proposta de reparto provisional do Fondo Transitorio do Fondo de Cooperación Local do ano 2026.
Pola FEGAMP, na reunión participaron o seu presidente, Alberto Varela; o vicepresidente primeiro e alcalde de Poio, Ángel Moldes; a vicepresidenta executiva e alcaldesa de Betanzos, María Barral, e Cristina Cid, membro da Comisión Executiva e alcaldesa de Allariz. Pola banda da Xunta de Galicia, participaron o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; o concelleiero de Facenda, Miguel Corgos, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto.
Ao remate da reunión, o presidente da FEGAMP fixo declaracións aos medios, nas que "lamentou non dispoñer previamente os datos ofrecidos pola Xunta na reunión par poder ter realizado un análise dos mesmos e traer á reunión unha opinión estudada e consensuada coas alcaldes e alcaldesas".
Alberto Varela sinalou que ve notas positivas na proposta da Xunta sobre financiaciamento local para o próximo año, ao elevarse ata os 170 millóns de euros a cantidade coa que se dota ao fondo base incondicionado, e que se atendan as reclamacións da FEGAMP para un maior financiamento local tras anos co fondo base incondicionado «conxelado», insistindo ne que todo o fondo de cooperación local debería repartirse de xeito non finalista.
Ademais, Varela apuntou que aínda hai unha parte dos fondos deste ano, entre 40 e 50 millóns de euros, que non foron transferidos por querer facelo cos criterios da futura nova Lei de Administración Local, aínda non aprobada.
O presidente da FEGAMP puxo o foco en que no medra a porcentaxe que esta partida supón respecto ao total dos orzamentos autonómicos, e rematou anunciando outra reclamación, "dado que ese fondo é unha parte dos orzamentos da Xunta, pois que aumente a porcentaxe que lle corresponde, porque entendemos que ese aumento se fai porque tamén aumenta a recadación da Xunta, e iso posibilita aumentar ese fondo base".