Перейти к содержимому

VI FORO EMPRESARIAL POLA IGUALDADE | Inauguración e Mesa 1

Confederación Empresarial de Pontevedra

0:00 / 0:00

VI FORO EMPRESARIAL POLA IGUALDADE | Inauguración e Mesa 1

27 просмотров · 10 дней назад
Confederación Empresarial de Pontevedra
45 подписчиков
27 просмотров · 10 дней назад
O VI Foro Empresarial pola Igualdade, promovido pola Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) coa colaboración da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e a financiación da Xunta de Galicia, consolídase como un espazo de referencia para a reflexión, o diálogo e a acción arredor da igualdade no ámbito empresarial. O Foro xira nesta edición arredor dun lema que marca un cambio de perspectiva no ámbito empresarial: “Igualdade na empresa: do compromiso ao valor económico”. Unha mesaxe clara que invita a avanzar desde a visión tradicional da igualdade como unha responsabilidade social cara ao seu recoñecemento como un elemento clave na xeración de valor e competitividade. Durante anos, a igualdade foi entendida fundamentalmente como un compromiso ético e normativo. Sen embargo, o contexto actual evidencia que as empresas que apostan por contornas laborais igualitarias, diversas e inclusivas son máis innovadoras, máis eficientes e máis sostibles. A igualdade convértese así nun activo estratéxico que impacta directamente na produtividade, na atracción e retención do talento e na reputación corporativa. Este foro pretende poñer en valor esa transformación, ofrecendo un espazo de reflexión no que se analicen experiencias reais, se compartan boas prácticas e se visibilice como integrar a igualdade na xestión empresarial pode traducirse en resultados medibles. Trátase de pasar do compromiso á acción, e da acción ao impacto económico. A Confederación Empresarial de Pontevedra promove este encontro coa convicción de que o futuro do tecido empresarial pasa por entender a igualdade non só como un principio, senón como unha oportunidade de crecemento e de creación de valor sostible.