Alalá nº 32 "O Quiquiriqui"- TVG
Alalá TVG
0:00 / 0:00
Alalá nº 32 "O Quiquiriqui"- TVG
3 225 просмотров · 11 л. назад
Alalá TVG
13 тыс. подписчиков
3 225 просмотров · 11 л. назад
ALALÁ Capítulo 32 "O Quiquiriquí"
EMISIÓN: 19-12-2006
O Alalá de hoxe é unha viaxe no tempo que só acontece no Nadal, porque para facela necesÍtase unha máquina do tempo moi especial creada polos 56 magos da música tradicional galega e que lle chamaron O Quiquiriqui. Avisade aos nenos da casa para sumarse a esta aventura misteriosa que percorre un Nadal feiticeiro e único por Galicia enteira no espazo e sobretodo no tempo ¿Queredes saber que é O Quiquiriqui?
O Quiquiriqui é o Tizón do Nadal, os Aguinaldos, o prato dos defuntos, os cantos de Reis ou as Xaneiras. Música e tradición. Tradición e música. Rituais ancestrais de Galicia con cantos que vos farán viaxar ao tempo da infancia. O Quiquiriqui é un Docufilm con música que nos traslada aos nadais de fai case un século ¿Quen se acorda do bacallao de Nadal? ¿e dos Manueles?
Ademáis do Docufilm O Quiquiriqui inclúe un CD con 13 cancións do Nadal máis tradicional de Galicia e xogos multimedia e un libro sobre ritos milenarios que se celebraban en Galicia no Nadal máis afastado no tempo. Unha obra para que aprendan os máis novos e recorden os máis vellos. En definitiva, unha viaxe no tempo nunca máquina que se acende cun refrán de Aguinaldo: O quiquiriqui, o quiquiriqui, se non nos dan nada; marchamos de aquí.