Xota de Caldebarcos (A Coruña) por María de Fetós e Xurxo Fernández
Rubén Bastón
0:00 / 0:00
Xota de Caldebarcos (A Coruña) por María de Fetós e Xurxo Fernández
7 957 просмотров · 14 лет назад
Rubén Bastón
139 подписчиков
7 957 просмотров · 14 лет назад
En novembro de 2010, ao día seguinte ao X Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana en Corcubión (A Coruña), fomos comer a Caldebarcos, coa marabillosa compaña desta muller, María Lado Piñeiro (Caldebarcos, San Mamede, Carnota; María de Fetós, 1927), que canta e toca que é unha delicia.
Fermoso momento no que Xurxo Fernández, quen lle tiña moita confianza e ten igualmente unha voz prodixiosa, a anima a acompañalo e ela se lanza a cantar e despois tocar (por ofrecimento de Guillerme Ignacio) a pandeireta nesta xota.