Перейти к содержимому

Cantar das Navidades de Cela 2024

Retrouso de Cela

0:00 / 0:00

Cantar das Navidades de Cela 2024

308 просмотров · 1 год назад
Retrouso de Cela
342 подписчика
308 просмотров · 1 год назад
Un ano máis, o Bando das Navidades de Cela xuntouse para cantar o tradicional Cantar das Navidades de Cela (Bueu, Pontevedra) ao xeito antigo, como se leva a facer máis de vinte anos e se fixo sempre. Isto é: acompañado de gaita tumbal (en si bemol, con Álvaro Estévez), liderado por un director maior que fai as veces de mestre (Paco Piñeiro), que compón/propón dous vilancicos/panxoliñas de entrada e saída novas cada ano (a entrada ou petición de licenza e a saída ou petición de aguinaldo) en galego e o corpo do cantar melismático que enraiza na Contrarreforma católica do século XVI en castelán, cantado en catro pernadas (catro grupos) que completan as coplas. Sáese polas casas a tarde de Noiteboa e vólvese saír a mañán do Nadal (tradicionalmente cantábase toda a noite ata chegar á misa do 25). Nas casas bótase unha versión reducida do cantar, salteando as coplas, que só se bota completo (sobre 15 minutos en total) na igrexa o día de Nadal. As capas e sombreiros foron gustos adquiridos a comezos do século XXI, cando se empezou a recuperar e acabou formando parte de xeito organico da estética do bando.