Os Papaqueixos - A lóxica aplastante do comité de propaganda
manolitorastrero
0:00 / 0:00
Os Papaqueixos - A lóxica aplastante do comité de propaganda
11 416 просмотров · 9 л. назад
manolitorastrero
27 подписчиков
11 416 просмотров · 9 л. назад
"Un subproduto dunha experimentación xenética nunha estación cósmica soviética, procedentes da República de Chechenia, resultan unha mestura catalizada en Treixadura dos Modern Talking e Carlos O´Xestal. Refuxiados políticos no Reino da Galiza, despois da súa tentativa fracasada de fundar o Partido dos Traballadores do Vaticano. Soan contundentes coma só o fan os mineiros rumanos."
Así se presentaban a sí mesmos Os Papaqueixos hai xa máis de vinte anos.
Esta banda da Corunha nada no ano 1993 e disolta no 2000, encadrada dentro do chamado Rock Bravú, deseguida se distanciaron dos demais grupos galegos con unha música de alta calidade na que fusionaban rock, punk e folk a partes iguais con verdadeira mestría, creando pezas nas que predominan a troula e a diversión. Desaparecen case sen facer ruído, e os seus diferentes componhentes pasan a formar parte de outras formacións.
Inxustamente, o meu parecer, conhecidos case exclusivamente polo seu irreverente hit "Teknotrafikante", coido que merecen ser escoitados e apreciados en toda a súa grandeza musical. E dado que o que non aparece no Youtube parece non existir, eiquí tedes o seu primeiro e único disco en todo o seu esplendor. Que o disfrutedes!!
Pezas:
1- Bachalhastrum
2- Contrabando de palletas nos Ancares
3- Grozni
4- Mai löb is güeitin faregüei
5- Matías o morcego
6- O paraugas do José
7- O Rabisaco
8- Picnics Imposibles en Laponia
9- Planeta Chancho
10- Polipo de Gorxa (Compoçição intelectual)
11- Quin2tres
12- Retello a
13- Retello b
14- Retello c
15- Sambamaro
16- Skaramoucho
17- Sonho 771
18- Teknotrafikante [farloppo ma non troppo]