Rapiñando Rapiñei, de Xurxo Jachía #GaitaGalega
Swen Martínez Fernández
0:00 / 0:00
Rapiñando Rapiñei, de Xurxo Jachía #GaitaGalega
180 просмотров · 3 нед. назад
Swen Martínez Fernández
37 подписчиков
180 просмотров · 3 нед. назад
A ver, deixádeme que vos conte, porque a peza de hoxe ven sendo especial para min.
Fai pouco atopei outra xoia olvidada na canle do Jachía: un vídeo que compartiu hai 14 anos, tocando unha voz desta peza ca flauta. Nada dice no vídeo do autor, solo se vei na desripción: "do repertorio do gaitiero de Os Redondos".
E claro, púxenme a buscar algo de "Os Redondos", ou polo menos algo sobre a peza... pero non atopei nada. Todo un misterio para min (e para todos, resulta).
Pero como a curiosidade sempre pode comigo... acabei enterándome da historia. E teño o privilexio de poder compartila con vós:
Resulta que esta composición ten unhos trinta anos xa. Quen é o autor, preguntas? Pois o Jachía. Parece que naqueles tempos o Mestre aínda tiña algo de vergonza de compartir as súas propias composicións (imaxinate esto... increíble!), e con eso "inventou" gaiteiros e grupos para quedar no anonimato.
E "Redondos" resulta que se refire a un lugar específico, non a un grupo. Polo que me dice, debe haber media ducia de pezas atribuídas a zonas do lugar: Rial, A Gordoias, O Roupeiro, A Fonte da Cal...
Pois eso, sin darlle máis voltas, hoxe Os Lonxanos de Preto interpretamos "Rapiñando Rapiñei", de Xurxo Jachía, "O Gaiteiro dos Redondos". 😉
Adicada ó Mestre Moxenas.
E como si todo esto non fora bastante... no proceso démonos conta de que esta é a primeira peza do Jachía que estrenamos a Filomena e máis eu. É decir, son o primeiro en darlle vida ás dúas voces desta peza.
Con eso, permitídeme que hoxe me sinta orgulloso, e ca cabeza ben alta... e tedes sorte que non teño cabalo, porque sería capaz de aparecervos por eiqui montado nel e todo. 😅
Pero o que máis sinto é gratitude. Sempre.
Gracias, amigo meu, por deixarme facer. E por non deixar de facer. 😉
Veña, lume! 🔥
#GaitaGalega