Pleno extraordinario da Corporación do concello de Chantada correspondente ao 13 de xullo de 2026
Por Chantada
0:00 / 0:00
Pleno extraordinario da Corporación do concello de Chantada correspondente ao 13 de xullo de 2026
36 просмотров · 3 месяца назад
Por Chantada
62 подписчика
36 просмотров · 3 месяца назад
O único asunto na orde do día era a aprobación inicial dun crédito por importe de 4.2 millós de euros, a 17 anos, cuns xuros e custes asociados de máis de 600.000 euros, polo que rondará os 5 millós de euros. Unha hipoteca que caerá sobre Chantada e traerá consigo un Plan económico-financeiro (PEF) de obrigada observancia. O PEF poderá asociarse a criazón de novas taxas e suba de impostos, máxime cando o novo contrato millonario do lixo está sendo adiado á mantenta polo PP até pasar os comicios municipais de maio de 2027.
No pleno pedimos a retirada do asunto, xa que se buscar criar unha bolsa de crédito con finalidade eleitoral e sen proxectos nen concreción algunha, algo recoñecido polo propio alcalde que pretende en 10 meses facer o que non demostrou en 27 anos na alcaldía. O PP (7 concelleiros, maioría absoluta) votou en contra da retirada e a favor da hipoteca, en canto Por Chantada (4 concelleiros) e PSOE (2 concelleiros) votaron a prol da retirada que propuxemos e en contra de contraer o crédito bancario máis elevado da historia do noso Concello.
Como viciñas e viciños non podemos permitir que isto fique impune, convertendo os vindeiros comicios municipais nun referendo entre caciquismo e pasado ou dignidade e futuro.