Cantiga de amiga. O lesbianismo no reino medieval galego | Documental
Nós Televisión
0:00 / 0:00
Cantiga de amiga. O lesbianismo no reino medieval galego | Documental
842 просмотра · 15 часов назад
Nós Televisión
20,7 тыс. подписчиков
842 просмотра · 15 часов назад
‘Cantiga de amiga. O lesbianismo no reino medieval galego’ é un documental producido pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e realizado por Nós Televisión, presentado por Carlos Callón, para paliar a falta de coñecemento que hai a día de hoxe sobre a homosexualidade feminina en Galiza na Idade Media.
A metade dos textos literarios sobre lesbianismo que se coñecen nestes momentos da Europa medieval están escritos en galego-portugués. Dentro destes textos, hai algunhas cantigas trobadorescas que nos ofrecen unha información extraordinaria.
Así, por un pequeno ciclo de cantares sabemos da historia de Sancha Pérez e María Leve, que viviron en Santiago de Compostela no século XIII, e que constitúen o único caso en toda a Europa en que se nos legou o nome dun casal lésbico, e mesmo a rúa en que moraron, sen ser por un documento de castigo.
Ademais, tamén conservamos unha cantiga "de amigo" en que unha muller fala do despeito por outra muller, polo que o máis correcto sería chamala "cantiga de amiga" (e de aí a orixe do título deste documental). Este cantar hai que emparentalo con outros poemas amatorios semellantes que se escriben en diferentes puntos do continente neses momentos.
De sinalar son tamén varios cantares en que se fai referencia as relacións entre soldadeiras, e entre eses versos chaman a atención aqueles que están protagonizados dun xeito moi explícito por outra muller lésbica galega, que tamén coñecemos polo seu nome: María Mateu. Perdemos os seus rostros e moita da información das súas vidas, mais cos datos que temos podemos evocar as voces destas mulleres.
No documental, Carlos Callón percorre diferentes lugares que nos desvelarán aspectos sobre isto e conversa coas profesoras e investigadoras Carme Adán, Daniela Ferrández, Uxía Gestoso, Teresa Moure e Isabel Morán.
O audiovisual conta de banda sonora co tema musical ‘Moeda Vella’, de Luís Álvarez e voz de Natalia Otero.