Pratos Combinados 136 - "Tomar medidas" (21.11.2001)
Adrianciño Galego
0:00 / 0:00
Pratos Combinados 136 - "Tomar medidas" (21.11.2001)
26 968 просмотров · 1 год назад
Adrianciño Galego
7,48 тыс. подписчиков
26 968 просмотров · 1 год назад
Convidan a Balbina e a Miro a unha comida da Asociación de Hosteleiros, pero Miro non ten ningún traxe presentable para poñer. Pedro préstalle un, e quédalle tan ben que Balbina decide darlle unha sorpresa facéndolle un traxe a medida, pero usando a Pedro como modelo; polo que
ambos os dous van ás agachadas á Casa de Turismo Rural a confeccionar o traxe coa señora Carme.
Antón comeza a sospeitar que hai algo entre Balbina e mais Pedro e ségueos ata a casa da aldea. Alí saca unhas fotos de Pedro saíndo por unha ventá a medio vestir e móstrallas a Miro, quen queda convencido de que Balbina ten un enredo co avogado.
Por outro lado Paula Barreiro segue a intentar lanzar a súa carreira artística e, aconsellada por Antón, fai un anuncio de cosméticos no que aparece espida e polo cal se orixina unha pequena revolta no barrio.