Перейти к содержимому

Webinar | Como calcular o aforro climático e económico do teu plan de prevención do desperdicio

Clúster Alimentario de Galicia

0:00 / 0:00

Webinar | Como calcular o aforro climático e económico do teu plan de prevención do desperdicio

40 просмотров · 2 месяца назад
Clúster Alimentario de Galicia
161 подписчик
40 просмотров · 2 месяца назад
Clusaga, en colaboración coa empresa asociada Grunver Sostenibilidade, celebra o webinar "Mide en positivo: Como calcular o aforro climático e económico do teu plan de prevención do desperdicio alimentario e iniciativas circulares" co obxectivo de axudar ás empresas do sector alimentario a cuantificar o impacto ambiental e económico das súas accións de prevención do desperdicio alimentario e economía circular. Esta sesión está dirixida a responsables de sustentabilidade, medio ambiente e calidade do sector alimentario interesados en medir o aforro de emisións e económico derivado das accións de eficiencia e sustentabilidade que están a implementar nas súas organizacións. O webinar enmárcase en PROALIS+, a plataforma de referencia impulsada por Clusaga para fomentar a sustentabilidade, a circularidade e a competitividade da industria alimentaria galega. Durante a sesión abordaranse metodoloxías e ferramentas para calcular o aforro real en CO₂ equivalente e en custos económicos asociado aos plans de prevención do desperdicio alimentario, á xestión de excedentes e ás iniciativas circulares, convertendo a sustentabilidade nunha vantaxe competitiva estratéxica.