O corpus CORTEGAL. Buscas de texto e de documentos
Instituto da Lingua Galega - USC
0:00 / 0:00
O corpus CORTEGAL. Buscas de texto e de documentos
41 просмотр · 10 месяцев назад
Instituto da Lingua Galega - USC
272 подписчика
41 просмотр · 10 месяцев назад
'CORTEGAL, Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico' é un corpus constituído por 1000 redaccións elaboradas por estudantes preuniversitarias/os no marco do exame de Lingua e Literatura Galegas da proba de Avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU). Concretamente, os textos foron extraídos da pregunta de comentario de tales exames, en que o alumnado ten que redactar un texto argumentativo, de entre 200 e 250 palabras, sobre un tema dado.
Un dos intereses do corpus é o de coñecer o grao de coñecemento da variedade estándar que amosa o alumnado, así como as principais desviacións do código normativo e do rexistro académico que se achan nel.
https://ilg.usc.gal/cortegal/