Перейти к содержимому

Presentación Que é un comercio

Estrela de Marín

0:00 / 0:00

Presentación Que é un comercio

42 просмотра · 2 нед. назад
Estrela de Marín
18 подписчиков
42 просмотра · 2 нед. назад
Campaña extraordinaria de Estrela de Marín Que é un comercio? Durante 17 días queremos mirar o comercio local doutro xeito: descubrir todo o que hai detrás dunha persiana aberta, dun escaparate iluminado e dunha persoa que cada día aposta por Marín. Un comercio é moito máis ca un lugar onde mercar. É proximidade, confianza e vida de vila. MERCAMOS NA NOSA VILA, FACEMOS VILA Unha campaña para descubrir o comercio Do 1 ao 17 de outubro, Estrela de Marín desenvolve “Que é un comercio”, unha campaña extraordinaria que une comercio, fidelización, educación, cultura, música e participación cidadá. Queremos poñer en valor todo o que representa o comercio de proximidade: atención cercana, confianza, emprego, dinamización das rúas, identidade e futuro para Marín. E durante toda a campaña teremos unha protagonista moi especial: Estrelín, a mascota do comercio local de Marín. DO 1 AO 17 DE OUTUBRO Tres maneiras de vivir a campaña 🎁 Compra e consegue agasallos Acumula puntos coas túas compras e cámbiaos polos agasallos exclusivos da campaña. 🏪 Os escaparates falan Preto de 70 establecementos compartirán mensaxes que lembran todo o que representa un comercio para unha vila. ⭐ Estrelín, protagonista Música, escolares, familias e actividades especiais coa nosa mascota como embaixadora do comercio local. A BANDA SONORA DA CAMPAÑA Estrelín tamén ten canción A campaña “Que é un comercio” terá tamén a súa propia banda sonora coa presentación de “Estrelín”, un novo tema musical pensado para conectar con todo o público familiar. Unha proposta fresca, vitalista e interxeracional que mestura música, teatralidade, enerxía e tenrura, cunha melodía e uns coros pegadizos que convidan a cantar e bailar. A canción reinventa o cha-cha-chá cunha sonoridade actual e reivindica a ilusión, a empatía, a amizade e a conexión coa familia, coa contorna e co tecido local que sostén as nosas vilas. Voces principais: Josito Porto e Noa Antepazo · Letra, música, arranxos e produción: Juan Antepazo · Coros: Arturo Sabugueiro e Juan Antepazo · Duración: 3:15 min. CLUB DE FIDELIZACIÓN COMERCIO DE MARÍN As túas compras teñen premio Desde o 1 de outubro, compra nos establecementos participantes, acumula puntos e cámbiaos polos agasallos exclusivos de Que é un comercio. DESDE O 1 DE OUTUBRO ~70 escaparates cunha mensaxe Preto de 70 establecementos converterán os seus escaparates en espazos para lembrar por que o comercio local é fundamental para a vida dunha vila. MÉRCORES 14 DE OUTUBRO Estrelín recibe aos escolares ~500 escolares Unha mañá moi especial no Auditorio de Marín Preto de 500 escolares poderán coñecer a Estrelín nunha actividade especial pensada para achegar ás novas xeracións os valores do comercio local. A música terá tamén un papel protagonista. “Estrelín” converterase na peza central dun novo espectáculo que se estreará ese mesmo día no Auditorio Municipal de Marín. Estrelín subirá ao escenario e interactuará en directo con Josito Porto e Noa Antepazo, combinando música, teatro, participación e moitas sorpresas. Porque aprender que significa un comercio tamén é aprender como se constrúe unha vila máis viva. SÁBADO 17 DE OUTUBRO O gran broche final A nena que quería navegar · Redrum Teatro O Auditorio de Marín acollerá unha tarde moi especial en familia como peche da campaña extraordinaria “Que é un comercio”. A nena que quería navegar é un espectáculo familiar de Redrum Teatro cheo de emoción, humor e valores como a autoestima, a confianza, a diversidade e a importancia de perseguir os nosos soños. 🚪 18:00 h Apertura de portas ⭐ 18:30 h Actividades con Estrelín 🎭 19:00 h Inicio da función 📍 Auditorio de Marín 🎟️ Entradas gratuítas As entradas son gratuítas e exclusivas para clientes do Club de Fidelización Comercio de Marín. É necesaria reserva previa a través de Ticketrona e estarán dispoñibles ata completar aforo. A selección dos asentos realizarase por orde de chegada ao Auditorio. GARDA AS DATAS 17 días para facer vila 1 de outubro · Comeza “Que é un comercio”: Comeza a acumulación de puntos, o catálogo de agasallos, aparecen as mensaxes nos escaparates e presentamos oficialmente o videoclip de “Estrelín”. 2 de outubro · “Estrelín” chega ás plataformas. O novo tema musical estará dispoñible en Spotify e nas principais plataformas dixitais. Do 1 ao 17 · Compra, suma puntos e consegue agasallos As compras nos establecementos participantes permiten sumar puntos no Club de Fidelización Comercio de Marín. 14 de outubro · Estrelín e preto de 500 escolares Actividade especial no Auditorio e estrea dun novo espectáculo no que a música, o teatro e Estrelín serán protagonistas. 17 de outubro · Gran final Desde as 18:00 h no Auditorio de Marín e, ás 19:00 h, representación de “A nena que quería navegar”. Cofinancia: Xunta de Galicia · Comercio Galego Colabora: Concello de Marín Organiza: CCA Estrela de Marín