María Osorio, gandeira e responsábel do Sector da Carne do SLG
LABREGXSdaGALIZA
0:00 / 0:00
María Osorio, gandeira e responsábel do Sector da Carne do SLG
1 948 просмотров · 1 месяц назад
LABREGXSdaGALIZA
465 подписчиков
1 948 просмотров · 1 месяц назад
María Osorio, gandeira de Becerreá e responsábel do Sector da Carne do #SindicatoLabregoGalego, colleu o relevo da granxa familiar de vacún de carne no ano 2021. Ao incorporarse, fixo a transición a ecolóxico e, a día de hoxe, na súa granxa encontramos vacas de raza vianesa en extensivo.
"Se non collía o relevo había que pechar a granxa, entón decidín lanzarme. Pareceume unha maneira digna de vivir", di a moza.
Con todo, o proceso da súa incorporación foi bastante complexo, sobre todo por pasar dun home a unha muller:
"Noteino en moitísimas cousas, dende o trato que facían á hora de mercarme gando, o relevo co meu pai (...) Aínda que máis da metade de granxas son propiedade de mulleres, aínda temos moito traballo por facer", recoñece.
ESCOITA A MARÍA NO VÍDEO!
#SectorDaCarne