FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA 2026. Acto de lectura de textos de Syra Alonso. Le Pilar García Negro
ARMH Memoria Histórica
0:00 / 0:00
FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA 2026. Acto de lectura de textos de Syra Alonso. Le Pilar García Negro
18 просмотров · 2 дня назад
ARMH Memoria Histórica
3,16 тыс. подписчиков
18 просмотров · 2 дня назад
Acto de lectura de textos de Syra Alonso Brufau en la feria del libro de A Coruña en agosto de 2026 a partir de sus libros: Diarios y El mar tenía un amargo sabor a lágrimas.
O cego que recitaba a Lorca. (Páx. 154). de Diarios
Un mozo cego da Coruña foi asasinado con tan só 38 anos por recitar versos de Lorca. O seu corpo foi abandoado nunha toxeira. A mirada perdida e os ollos brancos do rapaz indicaban o horror vivido no momento en que o mataron. Cantas e cantas persoas tiveron ese mesmo final por nada; gratuitamente.
“Non sei por que me vén agora á memoria aquel cego que dende a morte do poeta García Lorca, se dedicaba a ir polas casas recitando os seus versos. Lembro o poema que por vez derradeira saiu dos seus beizos:
Los caballos negros son,
Las herraduras son negras,
Sobre las capas relucen
Manchas de tinta y de cera
Tienen, por eso no lloran,
De plomo, las calaveras.
Con el alma de charol
Vienen por la carretera
Foi unha mañá cando o humilde barrio de San Roque, veciñanza de pescadores, se conmoveu dolorosamente. O máis brutal e inhumano que, desde que estabamos en poder dos franquistas, caera sobre eles. Nun monte próximo, a Garda Civil asasinara ao mozo cego que non cometera máis delito que o de recitar os versos de García Lorca. O seu cadáver apareceu nunha toxeira coa mirada branca e os ollos regalados implorando ao ceo. A morte aboiaba sobre todos. Cantos seres enloitaba! Como se ían enchendo de odio os corazóns!”
Le o texto Pilar García Negro
FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA 2026
Sábado 8 de agosto 19 horas