Alalá nº 115: "Regueifa en Bergantiños"- TVG
Alalá TVG
0:00 / 0:00
Alalá nº 115: "Regueifa en Bergantiños"- TVG
26 583 просмотра · 10 лет назад
Alalá TVG
12,9 тыс. подписчиков
26 583 просмотра · 10 лет назад
Alalá nº 115: "Regueifa en Bergantiños"- TVG
Emisión en Televisión de Galicia: 16 de xuño do 2009
Lugar: Bergantiños
Que un veciño faga unha copla meténdose con outro, e que ese outro teña a capacidade de responderlle ó momento con outra copla parecida, pero intentando que sexa aínda mellor, que despois sigan sendo tan amigos e que con esa disputa verbal fagan rir a calquera que estea escoitando é unha verdadeira arte. Niso consiste a regueifa. E os bos regueifeiros son capaces de pasar horas “loitando”. Comezouse a regueifar nas xuntanzas veciñais cando se facían traballos comunitarios: nas fiadas, nas mallas ou nas carretadas. E despois fíxose nas festas, sobre todo nas vodas, nas que se loitaba para acadar un anaco de pan de ovo, azucre e manteiga que se chamaba precisamente regueifa. E se noutrora era moi frecuente que en distintos lugares de Galicia se regueifase, hoxe a penas queda quen saiba facelo. Para atopar alguén o mellor é ir a Bergantiños, comarca que está considerada o berce desta arte. Alí foi onde comezou a facerse como espectáculo aberto ó público e onde houbo maior afección. Pero, hoxe, daqueles mestres da palabra que eran verdadeiros ídolos entre os seus veciños non quedan máis que catro que continúen regueifando: Fermín da Feira Nova, Guillermo da Rabadeira, Suso de Xornes e Antonio de Xornes. Con eles coñeceremos en qué consiste a regueifa e ó mellor somos capaces de aprender algo da técnica destes divertidos combates dialécticos que, segundo eles mesmos din, están en perigo de extinción.