Перейти к содержимому

Ezetaerre - Baixo a kufiya - Videoclip

Ezetaerre

0:00 / 0:00

Ezetaerre - Baixo a kufiya - Videoclip

47 995 просмотров · 9 л. назад
Ezetaerre
7,91 тыс. подписчиков
47 995 просмотров · 9 л. назад
Imaxina que vas cara á escola e es detida a punta de fusil, ou que xogas ás agochadas entre os cascallos do que foi un fogar. Imaxina que intentas fuxir desa realidade e chocas contra un muro imposto, ou que es acusada de terrorista por querer vivir segura no teu propio país. Esta é a historia de Amir, pero tamén de moitas outras nenas obrigadas a vivir nun constante medo e nunha interminable inquedanza; unha canción de quen tivo que medrar a marchas forzadas, pero que segue a soñar cun futuro de paz, lonxe dos tanques e das balas. Que viva a nosa loita, que viva Palestina. Escóitao en: https://open.spotify.com/track/30h3DQ... Contacto: contacto@ezetaerre.com Síguenos en: Facebook:   / ezetaerre   Instagram:   / ezetaerre   Twitter:   / ezetaerre   Tema gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico en Pousada Son Studios (Ames, Galiza). Letra por Garchu. Instrumental por Petrowski. Sample: İstanbul İstanbul Olalı (Hüsnü Şenlendirici, Hüsn-ü Klarnet) Letra: Son un de moitos nenos, o meu nome é Amir Teño doce anos e son ilegal no meu país Vivir con medo cada día é a miña condea E o meu único delito, non nacer en Tel Aviv Ao comezo da xornada intento ter unha rutina Medrar coas compañeiras ao calor dunha familia Criarse en Palestina é unha infancia clandestina Entre tanques e pedras, riscos e fuxidas Pensar mirando á nada en protestas e intifadas Non hai contos de fadas pra un rapaz que crece en Gaza Casas derrubadas que soterran a esperanza A carraxe e a inquedanza que asoballan as miradas Unha vida que endurece, xa non lembras o importante Es feliz estando un mes sen sufrir ningún ataque Caen bombas dende o alto e aínda que sexa un instante Que o azar decidirá é a única seguridade Non penso renunciar a vivir na miña terra É unha ocupación, que non falen de guerra Bombardean sen criterio, quen son os terroristas? Que viva a nosa loita e que viva Palestina! Non penso renunciar a vivir na miña terra É un xenocidio, que non falen de guerra Quero vivir en paz sen chorar baixo a kufiya Que viva a nosa loita e que viva Palestina! Vou cara ao colexio e hai un punto de control Non podo pasar e caio ao chan dun empurrón Non sei que está ocorrendo e xa só noto a presión Dun xeonllo no meu peito sen ningunha compaixón Fago o que podo, intento fuxir, non podo berrar, tampouco sentir A vista nubrada, non podo ouvir, vai chegando a fin O agobio é insoportable e cae o mundo sobre min Así é como actúa o exército israelí O exterminio nunca frea e os abusos son diarios Está Occidente cego? Por que nos dan de lado? Ata cando van durar tanta dor e tantos danos? Isto é un crime, non é cousa de bandos Esperto xa na casa ao escoitar a alguén chorar A miña nai dáme unha aperta que espanta todo mal Estou aínda asustado, non son quen de pensar Non estou seguro nin no meu propio fogar Cae de novo a noite e volven as promesas Derrubar un muro imposto, os bloqueos e as fronteiras Que non sexa un perigo ondear unha bandeira E que se algo cruza o ceo non sexa máis que unha estrela Retrouso #ezetaerre #aspiracionsminimaseurxentes