Códigos Podres - Temible Olivina (Prod. Peter Petrowski)
TemibleOlivina
0:00 / 0:00
Códigos Podres - Temible Olivina (Prod. Peter Petrowski)
910 просмотров · 7 мес. назад
TemibleOlivina
128 подписчиков
910 просмотров · 7 мес. назад
CÓDIGOS PODRES, dende a miña casa e o meu corazón para todas aquelas que viven día a día baixo a presión das normas e os mandatos das redes sociais da sociedade do xa.
Esta non era a primeira idea, máis si foi a última. Espero que o disfrutedes!!
Voz e Letra
TEMIBLE OLIVINA
Coros
SILVIA DE TABOEXA (ST)
Producción musical, gravación, mestura e masterización
PETTER PETROWSKI
Dirección e Op. de cámara
CLARADOCHIMPÍM
Coop. de Cámara ,
dirección de
fotografía, cor e arte
TEMIBLEOLIVINA
Letra:
Moitos pensamentos recorren esta cabeza
pero desta vez xa non sei cal é o que me pesa.
Presa desta pesca, procedo a ir a protesta
pero todo apesta a persoaxes sen consciencia.
Todo cheira a desfeita, a mentireira
a un conto do díxome-díxome sen testigos nin guerreiras
precarias da barbarie deshonesta propia da xenreira
atravesada por circuitos de carraxe e mais toupeiras.
Que tontería, que rabia máis tensa.
Penso nesta merda pero nada disto me resta.
Acougo esta maldita e ansiosa pesqueira
presa da impaciencia e da cultura apagada sen defensa.
Solto verbas, como se nada fose
Desfaso pero en realidade todo peso doe
termino o día en busca de varias saídas
preocupante sería se esta viaxe non a compartira
Así mesmo me rapeo este apego
xerado por diablo e por altos super egos
momias engaioladas en tóxicos placevos
triste vida de gamberros, obsesión de cadelos.
Así mesmo, predico esta condea
para derribar así todas as cadeas.
Todo hai que amañalo, mellor desemterralo
buscalo verdadeiro e ollalo sen reparo
Dime, dime que isto non é así
Dime, en realidade ti es feliz?
Dime, sociedade con pedigree
Seica non hai nada que cambiar aquí (bis)
Como calquera día, érgome con certeza
collo o falso reloxo que me acelera e me atropella
pero mella, toda querella
con fronterias e trincheiras de subsistencia.
Sigamos coa sentencia na cal designo
o teu ombligo coñecido como prodixio
duns códigos caídos, bastante podridos
que seguen a estrela que comete tóxicos delitos.
Todas rin baixo as súas meixelas
creendose Diosas das súas telenovelas
vaia chismosas, que carroñeras
exclavas dun sistema de perfectas ovellas.
Rodeada de crianzas e eu sen sabelo,
rebusco nas historias con ansia e mais anhelo
de encontrálo hábito maldito que eu predigo
neste tránsito no cal levito e me fustigo.
Polo que aquí, deixo por escrito
todos aqueles piares que eu mesma non persigo
aqueles que danaron e me fan ser testigo
deste mundo podre, falso e ficticio.
Polo que aquí, deixo por escrito
o sacrificio íntegro mais pouco coñecido.
Morto pero non caído, sempre erguido como se ergue o eucalipto
neses putos montes vendidos.
Dime, dime que isto non é así
Dime, en realidade ti es feliz?
Dime, sociedade con pedigree
Seica non hai nada que cambiar aquí
Dime, dime que isto non é así
Dime, en realidade ti es feliz?
Dime, sociedade con pedigree
SEICA NON HAI NADA MÁIS QUE CAMBIAR AQUÍ!