O Seminario de Onomástica responde: A Pobra do Caramiñal | Ana Boullón Agrelo
Toponimia de Galicia
0:00 / 0:00
O Seminario de Onomástica responde: A Pobra do Caramiñal | Ana Boullón Agrelo
25 просмотров · 10 ч назад
Toponimia de Galicia
268 подписчиков
25 просмотров · 10 ч назад
No ano 1836, naceu o Concello da Pobra do Caramiñal como resultado da unión de cinco parroquias que ata entón formaban parte de varias xurisdicións da provincia de Santiago de Compostela. O nome oficial que se lle asignou foi o resultado da unión de dúas localidades que xa desde antigo formaban practicamente un continuo urbano, A Pobra do Deán e O Caramiñal.
A académica Ana Boullón Agrelo, natural desta localidade da comarca da Barbanza, analiza neste novo vídeo da serie O Seminario de Onomástica responde os dous nomes que compoñen este sintagma toponímico, Pobra e Caramiñal.