A BANDA DA LOBA - Cobiza (Videoclip Oficial)
A banda da Loba
0:00 / 0:00
A BANDA DA LOBA - Cobiza (Videoclip Oficial)
20 253 просмотра · 4 года назад
A banda da Loba
3,12 тыс. подписчиков
20 253 просмотра · 4 года назад
“Dime, ti que ves?”
"Dime, que farás?”
Interpelamos a quen ostenta o poder e apelamos á responsabilidade daquelas persoas que atesouran os grandes capitais. Facémolo con este canto contra a “Cobiza”, unha chamada de atención que convida a reflexionar sobre o noso lugar no planeta e sobre a imposibilidade de soster no tempo este modelo económico feroz e destrutivo.
Foi a novela homónima de María Reimóndez a faísca coa que prendeu este lume, mais nós, quixemos deixar un oco á esperanza nesta canción recollida no noso cuarto traballo discográfico, "Xabón Lagarta".
“Párate a pensar/ reescribir de cero a historia de nós dependerá”.
FICHA TÉCNICA
Dirección, gravación e edición: Lucas Terceiro
Actor principal: Pablo Fontenla
Corpo de baile:
Xiana Vilas (dirección)
María Paula Balcázar Hurtado
Mariña Ferreiro Vilariño
Sabela Gauranga
Miguel Gendre
Jose Gregorio Vera Guillermes
Equipo de arte:
Director artístico - estilismo: Antonio Calvo
Vestiario: Conchi Silvent
Maquillaxe: María Freire, Nagore Rodríguez e Nerea Sánchez
Perruquería: Justo Seoane e Lucía López
Atrezzo: Montse Vilela
Produción: Xiana Lastra, Adrián Gómez e Martiño Fernández (Seispés Producións Creativas)
Making: Román Sanín
Coa colaboración do Concello de Ames na cesión das instalacións para a rodaxe.
SÍGUENOS EN RRSS:
Instagram: / abandadaloba
Facebook: / abandadaloba
Twitter: / abandadaloba
WEB: https://www.abandadaloba.gal
CONTRATACIÓN: info@seispes.com
LETRA:
Dime, ti que ves?
Se ignoras os paxaros
que te alertaron unha vez.
Dime, que farás?
Esfúmase a esperanza
resoan ecos sen parar.
Laralalelolalelolalá cobiza
Carreira mortal:
A túa indiferenza.
Pisar cabezas dáche igual.
Carreira letal:
A túa propia trampa
é o teu ego para te alimentar.
Laralalelolalelolalá cobiza
Probaches todo para dividirnos.
Ciscaches medo para inhibirnos.
Preguntas e simulas sorprendido:
cara a onde imos?
Múrchase o corpo, apodrece o van.
Nula empatía polas que virán.
Pecha os teus ollos para respirar,
comeza a conta atrás.
Párate a chorar
e morde a túa lingua
non podes dixerir metal.
Párate a pensar
Reescribir de cero a historia
De nós dependerá.