Перейти к содержимому

Carlos Callón: "O portugués nace nunha entidade política chamada Reino de Galiza"

Nós Televisión

0:00 / 0:00

Carlos Callón: "O portugués nace nunha entidade política chamada Reino de Galiza"

2 621 просмотр · 1 год назад
Nós Televisión
20,7 тыс. подписчиков
2 621 просмотр · 1 год назад
"A inmensa maioría da nosa poboación, fale galego ou español, ama o galego", sostén Carlos Callón licenciado nas filoloxías galega, portuguesa e románica pola Universidade de Compostela. A partir de 1995, ocupa varias responsabilidades dentro da Mesa pola Normalización Lingüística que chega a presidir desde 2002 a 2014. Carlos Callón destaca tamén polo seu traballo como investigador con obras como 'O libro negro da lingua galega'. O libro 'Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media' ou mesmo un dos seus últimos libros 'Vidas e historias LGBT na Idade Media'. O filólogo e investigador denuncia que "desde o XVI ata o XX, sempre houbo unha nena ou neno de xeonllos por falar galego na escola" ao tempo que reflexiona sobre as políticas lingüísticas afirmando que "os gobernos galego e español teñen discursos diferentes sobre a lingua pero a práctica é a mesma". Sentamos a falar con el sobre as súas pescudas e experiencias na Facultade de Filoloxía de Santiago. #Galego #português #ReinodeGaliza #RostrosdoPaís #CarlosCallón #Entrevista