Перейти к содержимому

SPOT CAMPAÑA "O ESCAPARATE ESTRELA"

Estrela de Marín

0:00 / 0:00

SPOT CAMPAÑA "O ESCAPARATE ESTRELA"

8 728 просмотров · 1 год назад
Estrela de Marín
18 подписчиков
8 728 просмотров · 1 год назад
Spot gravado, para promocionar a campaña "O Escaparate Estrela", elixida pola Xunta de Galicia, como a mellor campaña de dinamización comercial da provincia de Pontevedra. Durante o 1 ao 11 de outubro, as persoas que realicen compras nos establecementos participantes deberán acumular un mínimo de 60 € en tickets de compra e, con iso, poderán rexistrar a súa participación para intentar acertar, sen pasarse, o prezo xusto de “O Escaparate Estrela”, un premio valorado en miles de euros e composto por máis de 100 produtos e servizos do comercio asociado. A campaña, que conta coa colaboración do Concello de Marín e o cofinanciamento da Xunta de Galicia, preséntase como unha oportunidade para visibilizar a diversidade e a calidade da oferta comercial da vila. O CCA Estrela de Marín anima a toda a veciñanza a participar nesta iniciativa: • Como participar: acumular tickets de compra ata 60 € e rexistralos segundo as bases da campaña. Ademais, rexistrándose na aplicación “Comercio de Marín” gozarase dunha oportunidade a maiores para poder acertar o valor do escaparate. • O 11 de outubro ás 11 hrs, habilitarase o formulario para poder rexistrar os tíckets de compra e intentar acertar o valor total do escaparate. • Premio: “O Escaparate Estrela”, valorado en miles de euros, que se entregará ao finalizar unha gran gala, que presentará a artista Lucía Pérez e que comezará ás 19 hrs do sábado 11 de outubro. En dita gala, Lucía interpretará o tema musical composto para esta campaña e estará acompañada por unha coreografía dirixida pola artista marinense Iria Calvar • Toda a información, establecementos adheridos e bases da campaña poden consultarse a través da aplicación “Comercio de Marín” ou na web do CCA: https://www.estrelademarin.gal/o-esca... Realizado por: Nova Imaxe. Protagonizado por: Lucía Pérez e clientes do comercio local. PROGRAMA DÍA 11 DE OUTUBRO Apertura “O ESCAPARATE ESTRELA” 11:00 Habilítase o formulario web para rexistrar o valor do Escaparate e lanzamento da APP “Comercio de Marín” Música con Brassica Rapa 11:15 Alameda Rosalía de Castro En caso de chuvia será no Multiusos “MAXIA PARA BEBÉS” 11:30 Museo Manuel Torres LUIGI LUDUS Recomendado de 1 a 4 anos. Inscrición previa no 679 979 292 “ESCAPARATES MÁXICOS” Goza da maxia visual e musical cos nosos artistas 11:30 – 12:00 - 12:30 en BEBÉ KATY con LIUBA 11:30 – 12:00 - 12:30 en XANELA con GONZA MARTINI 11:30 – 12:00 - 12:30 en CENTROVISIÓN con OLIVER 12:30 Sorteo Presencial de 500€ na Praza de Abastos “18º Campaña Aniversario” “ALAMEDA MÁXICA” “El baúl de la Maga” 12:00, 12:30, 13:00 e 13:30 LORELAVAND 12:00, 12:30, 13:00 e 13:30 MAGO KOKO “Pequeno Gran Teatro de Maxia” En caso de chuvia no Museo Manuel Torres 16:00-19:00 XOGOS DE GAMING Postos de Racing,VR e Máquina de Arcade En caso de chuvia no Hall do Concello 16:00-19:00 MINIFEIRA CON 15 XOGOS TRADICIONAIS En caso de chuvia no Multiusos 19:00 PECHE FORMULARIO para rexistrar o valor do escaparate PRESENTA LUCÍA PÉREZ 19:00 “ESCENARIO ALAMEDA” Concerto ELESKY 20:30 “GRAN GALA INTERNACIONAL DE MAXIA” LORE LAVAND, LUIGI LUDUS, OLIVER E LIUBA, GONZA MARTINI E O MAGO TETO 21:30 PABLO MÉNDEZ PERFORMANCES DESCÚBRESE O VALOR DE "O ESCAPARATE ESTRELA"