Перейти к содержимому

ELISEO PINTO FARRÁN, MESTRE ASASINADO EN BEIRA (entrevista co seu neto, Fernando Pinto)

A ferida aberta no 36

0:00 / 0:00

ELISEO PINTO FARRÁN, MESTRE ASASINADO EN BEIRA (entrevista co seu neto, Fernando Pinto)

90 просмотров · 1 месяц назад
A ferida aberta no 36
81 подписчик
90 просмотров · 1 месяц назад
Na foxa de Beira, en Carral, crese que tamén está soterrado o mestre republicano Eliseo Pinto Farrán. Palentino de nacemento, exerceu a docencia en Santiago, na escola de Nemenzo, e colaborou coas Misións Pedagóxicas. O 19 de agosto do 36 uns descoñecidos irrumpriron de noite na súa casa e levárono pola forza en presenza de dous dos seus fillos. Nunca máis se soubo del. Conta o seu neto Fernando que o cura de Nemenzo nunca lle perdoou que descolgara o crucifixo da escola. Tras o crime, o seu corpo nunca apareceu e a familia quedou desamparada. A muller, mestra tamén de profesión, foi expedientada e trasladada lonxe da casa. Fernando confía en que os restos do seu avó sexan os que apareceron recentemente en Beira. Segundo conta, suporía para el curar unha"ferida ancestral" aberta na familia 90 anos atrás. Con el falamos no capítulo 37 de ‘A ferida aberta no 36’. #GuerraCivil #Franquismo #Represión #BEIRA #Carral #aferidaabertano36